Terceiro preconcurso de acredores para Factoría Naval

Marín
05 de xuño 2014

A empresa explica que realizou propostas de refinanciamento da débeda. Non obstante, tras seis meses de negociaciones,y a pesar do "esforzo realizado no proceso", non foi posible ata o momento chegar a un acordo. Non lograron a disposición das pólizas de crédito habilitadas no acordo marco asinado en abril de 2012

Barcos nas bancadas de Factoría Naval de Marín
Barcos nas bancadas de Factoría Naval de Marín

Factoría Naval de Marín volveu entrar en preconcurso de acredores. ÿ a terceira vez en catro anos e o estaleiro viuse abocado a solicitalo despois dun intento infrutuoso de alcanzar un acordo coa banca acredora.

A empresa presentou esta semana a solicitude de preconcurso, que recaeu no Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, coa intención de aproveitar esta figura xudicial para alcanzar un acordo cos bancos e, desta forma, seguir adiante co seu plan de viabilidade.

A negociación entre o estaleiro e a banca acredora comezou en decembro de 2013, cando unha Xunta Xeral de Factoría de Naval analizou a situación financeira e, segundo explicou nun comunicado emitido este mércores, decidiu o inicio de negociacións.

A empresa explica que realizou propostas de refinanciamento da débeda. Non obstante, tras seis meses de negociacións, e a pesar do "esforzo realizado no proceso", non foi posible ata o momento chegar a un acordo. Non lograron a disposición das pólizas de crédito habilitadas no acordo marco asinado en abril de 2012.

NOVO ERE

A dirección do estaleiro informou os traballadores da posta en marcha dun Expediente de Regulación de Emprego que afectará ás 23 persoas que compoñen actualmente o equipo e que terá unha duración de doce meses.

A mesa negociadora constituirase a próxima semana e en quince días agardan completar a negociación.