Testemuñas da persecución do fuxitivo: "era como Fast and Furious"

Pontevedra
11 de outubro 2013

Non se fala doutra cousa en Pontevedra, pero, en especial nos puntos nos que se rexistraron os principais fitos da fuxida do Volkswagen Touareg: a zona de San Roque, onde empezou a fuxida e se detivo a acompañante de Felipe S.C.; e Arcebispo Malvar, onde empezou o seu escape a pé tras encaixar o coche. "Foi todo como unha película. Era coma se pasase aquí o de Fast and Furious", relatan. Manuel Pensado quedou impactado pola velocidade á que se escapaba da Policía. "Lo vi y dije: 'quedaría sin frenos...'"

Manuel Pensado, veciño de San Roque que presenciou a fuxida do Volkswagen Toureg
Manuel Pensado, veciño de San Roque que presenciou a fuxida do Volkswagen Toureg / PontevedraViva

A persecución do Volkswagen Touareg e a súa rechamante fuxida é este venres o tema de conversación máis popular en Pontevedra, pero, en especial nos puntos nos que se rexistraron os principais fitos da mañá: a zona de San Roque, onde empezou a fuxida e se detivo a acompañante de Felipe S.C.; e Arcebispo Malvar, onde empezou o seu escape a pé tras encaixar o coche. "Fue todo como una película. Era como si pasase aquí lo de Fast and Furious", relatan as primeiras testemuñas.

Manuel Pensado foi dos que viu de primeira man como empezou todo. Veciño do barrio de San Roque, andaba pola rúa Almirante Matos cando comezou a persecución e se quedou impactado, especialmente, pola velocidade á que circulaba o Touareg. "Lo vi y dije: 'quedaría sin frenos...'", relata este pontevedrés. Inmediatamente decatouse do que pasaba: "ya vi que había policías más adelante, se le cruzaron y dio marcha atrás. Iba tan rápido que chocó con varios coches, se enderezó, volvió a chocar y cuando volví a ver la chica salía disparada y la detenía la Policía".

O vehículo emprendeu a fuxida coas dúas portas dianteiras abertas e quedou sen situada no lado do condutor á altura do establecemento Mafari. Os seus empregados presenciárono todo, alarmados polo ruído do coche e a presenza policial. "Iba muy rápido, chocó y perdió la puerta. Más adelante, donde el cruce, salió la chica".

No bar Almirante, situado a escasos metros e moi preto de onde a acompañante de Felipe S.C. saíu do coche e rematou detida, os clientes comparten impresións. "Yo no lo vi, pero lo contaron y pensaba que me estaban contando una película", relatan dous clientes. A camareira, María, si viu parte da secuencia: "Escuché golpes muy fuertes y vi pasar el coche. Salí y ya vi que pasaba a toda la velocidad que le daba con la puerta abierta".

Os golpes que sentiron todos tiñan dúas orixes. Algúns eran froito do impacto que rexistrou contra uns 15 vehículos que había aparcados. Outros, cando perdeu a porta do condutor e outros elementos do propio Touareg. Ademais, todas as testemuñas coinciden en que "llamaba mucho la atención toda la Policía que había. Todo el mundo salió a la ventana y a la puerta de casa para verlo. Era espectacular".

O vehículo escapou pola zona de San Roque, Monteleón e xa logo dirixiuse cara á Barca, Concepción Areal e Arcebispo Malvar (entre outras rúas do percorrido). Por algunhas ía en dirección prohibida e causou grande expectación, pero o seguinte punto neurálxico da fuxida foi a sede da Seguridade Social. O garda de seguridade viu como chegaba, deixaba o coche alí tirado e fuxía polas escaleiras de Santa María, de modo que alertou a Policía. Neses momentos, varias patrullas estaban xa alertadas e un helicóptero sobrevoaba a zona, así que en segundos varios axentes das policías Local e Nacional apareceron no lugar no que estaba o Touareg. O coche rematou encaixado no lateral do edificio.

Os veciños non saían do seu asombro polo sucedido: "todo el mundo salió de los comercios y se puso a mirar, no se habla de otra cosa. ÿl iba con una camiseta del Barça" tanto alí como noutros puntos como o supermercado Gadis de Campolongo. Alí chegou a pensarse que o fuxitivo estaba escondido, pero foi outro dos puntos da cidade nos que lle perderon a pista malia que no dispositivo de busca participaban policías locais e nacionais de paisano e de uniforme, a pé, en coche, en moto e un helicóptero.