Toda a programación das Festas do Carme xa está dispoñible nun clic

Marín
25 de xuño 2021

Este venres presentábase o cartel da Festas do Carme, creado por Abi Castillo, e a programación completa para os meses de verán que se poden consultar a través da páxina web do Concello

DVicio
DVicio

O venres 9 de xullo comezarán as actividades que o Concello de Marín programou para este verán con motivo das festas locais. Toda a programación pode xa consultarse a través da web municipal no apartado dun Verán con Xeito

As Festas do Carme serán o eixo central coa celebración dos esperados concertos de DVicio e a orquestra París de Noia, nas xornadas do xoves 15 e o venres 16 de xullo. Este venres as concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez presentaban o cartel para estas festas realizado pola ilustradora Abi Castillo.

No cartel recóllense algúns dos elementos máis característicos desta celebración como son as flores, as embarcacións da vila mariñeira e as mans da Virxe do Carme. Estes carteis serán expostos cos da campaña Un Verán con  Xeito en diferentes rúas, en formatos de lonas, segundo informan desde o goberno local.

Aqueles establecementos de hostalería que teñan interese en incluír a súa programación na web municipal poden facelo enviando os eventos que programen a [email protected]