Todas as praias de Sanxenxo con bandeira azul recuperan o servizo de socorrismo

Sanxenxo
30 de xullo 2021

Todas as praias de Sanxenxo con bandeira azul volven ter servizo de salvamento tras máis de dúas semanas nas que un brote de covid-19 deixou o servizo mermado, pois chegou a afectar ao 27% do persoal e deixou sen traballadores Area de Agra, A Lapa, Areas Gordas e Nosa Señora da Lanzada

Posto de vixilancia dos socorristas
Posto de vixilancia dos socorristas / PontevedraViva

Todas as praias de Sanxenxo con bandeira azul volven ter servizo de salvamento tras máis de dúas semanas nas que un brote de covid-19 deixou o servizo mermado, pois chegou a afectar ao 27% do persoal e deixou sen traballadores Area de Agra, A Lapa, Areas Gordas e  Nosa Señora da Lanzada

Segundo informou o  Concello de Sanxenxo, desde o martes, xa só quedaba A Lapa sen o servizo de socorristas e este venres tamén nesta praia se recuperou

O brote de covid-19 provocou que non houbese socorristas suficientes para atender a todos os areais do municipio, de modo que se retirou e, por tanto, non se puideron izar as bandeiras azuis destes catro areais.

A elección destas praias sen servizo realizouse seguindo criterios estatísticos de afluencia e incidencias que se obtén cada tempada estival.

Este venres, Sanxenxo ten 410 casos activos de covid-19.