Todo a punto para que o DNI empece a expedirse o luns no antigo Banco de España

Pontevedra
14 de maio 2016

Para facer posible que o luns todo estea listo para recibir aos novos usuarios, na xornada deste venres aceleráronse os traballos nas instalacións do baixo de Fernández Villaverde. Durante toda a mañá houbo traballadores nas oficinas e realizaron as súas tarefas os funcionarios responsables da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda. Abrirá de 9.00 a 17.00 hoiras de xeito ininterrumpido

Tarefas de traslado das oficinas do DNI ao antigo Banco de España Mónica Patxot

Ás 9.00 horas da mañá do luns 16 de maio abrirán ao público as novas oficinas de expedición do DNI e o pasaporte en Pontevedra. Tal e como adiantou PontevedraViva, instalaranse definitivamente nas antigas instalacións do Banco de España da rúa Michelena, pero no acceso pola rúa Fernández Villaverde. 

Para facer posible que o luns todo estea listo para recibir aos novos usuarios, na xornada deste venres aceleráronse os traballos nas instalacións do baixo de Fernández Villaverde. Durante toda a mañá houbo traballadores nas oficinas e realizaron as súas tarefas os funcionarios responsables da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda, encargados de verificar e autorizar todos os equipos que imprimen documentación de identidade oficial.

Xa pola tarde, comezou a mudanza que se prevé que conclúa ao longo do fin de semana para trasladar ao baixo do número 1 da rúa Fernández Villaverde, entre o Banco de España e o supermercado Froiz, todos os equipos, mobles, arquivos... necesarios para os traballadores do servizo. 

Este luns, primeiro día do novo servizo, o horario para calquera trámite relacionado co DNI e o pasaporte será o habitual que tiña o servizo ata agora no primeiro piso da Comisaría Provincial da rúa Joaquín Costa, de 9.00 a 17.00 horas de forma ininterrupida

Desde a Comisaría lembran aos cidadáns que se pode solicitar cita previa a través de Internet ou no servizo de atención telefónica (902 247 364). 

Para a renovación de ambos os documentos non é necesario esperar á súa caducidade, pedindo renovarse o DNI ata tres meses antes da súa data de caducidade e o pasaporte ata un ano antes, de modo que se recomenda aos cidadáns que comproben a vixencia da súa documentación para evitar situacións como a alteración ou mesmo a anulación dun voo, ao negar a compañía o acceso ao titular do billete por non ter a documentación en regra.