Todo preparado para o día grande da Festa da Ostra

Soutomaior
06 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Os fogos de artificio previstos para a noite deste sábado quedan aprazados, debido ás condicións meteorolóxicas. A xornada do comingo comezará ás 10.00 horas con animación nas rúas a cargo da Banda Artística e da Banda Cultural de Arcade. O escritor e profesor Manuel Lourenzo González será o encargado de dar lectura ao pregón ás 13.00 horas

Carpa onde se celebra a Festa da Ostra 2024
Carpa onde se celebra a Festa da Ostra 2024 / Concello de Soutomaior

Durante o mediodía deste sábado 6 de abril abríanse as casetas dunha nova edición da Festa da Ostra en Arcade (Soutomaior) e as numerosas persoas asistentes xa tiveron a oportunidade de probar a ostra ao natural e un adianto da gastro-experiencia denominada OsTres, unha proposta innovadora con sabor a montaña e a mar.

Fanfarria Furruxa animou as rúas nunha xornada na que os visitantes comprobaron como a carpa que acolle á festa permanece instalada de tal maneira que se pode observar toda a ría de Vigo.

A organización decidiu aprazar os fogos artificiais previstos para a noite deste sábado debido ás condicións de vento e choiva. O alcalde Manu Lourenzo indicou que é necesario garantir a seguridade e anuncaba que o espectáculo pirotécnico levará a cabo durante outras festas como San Xoán ou as Festas do Salvador.

A xornada grande chegará este domingo co pasacalles da Banda Artística e da Banda Cultural de Arcade ás 10.00 horas. Unha hora máis tarde abriranse as casetas de degustación.

Xa ás 13.00 horas, o escritor e profesor Manuel Lourenzo González será o encargado de dar lectura ao pregón desta festa.

Pola tarde, a partir das 18.30 horas, está prevista a actuación musical de 'Cantanascroas'.

O domingo será a xornada para degustar con calma OsTres na que se ofrece ostra sobre crema carbonara ibérica; ostra adobada en teriyaki sobre crema de aguacate e caviar de arenque e ovas de salmón; ademais dunha ostra en escabeche tradicional. Todos estes pratos son cociñados por Calidus Cátering, empresa que xestiona Joaquín Lema, veciño de Soutomaior.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora