O destro talaverano Tomás Rufo, unha das sensacións da actual tempada taurina, manterá un encontro cos afeccionados aos touros. Será nun acto que se celebrará este venres 15 de xullo, ás 20:30 horas, no Liceo Casino.
Esta charla enmárcase dentro dos actos previos á feira taurina de Pontevedra, que regresará en agosto ao coso de San Roque tras dous anos de parón obrigado pola pandemia.
Rufo, segundo os expertos, está a ser a sensación da tempada cos seus triunfos en Madrid, Sevilla, Castelló, Nimes ou en feiras tan tan importantes como Granada e Alacante.
A pesar de levar menos dun ano como matador de touros, o destro está a arroiar cada tarde converténdose nunha auténtica revolución para o toureo.
O acto será presentado por Vicente Zabala de la Serna, prestixioso xornalista taurino cunha ampla traxectoria e que agora mesmo dirixe a sección taurina de El Mundo ademais de estar presente como colaborador habitual en Toros.
A entrada ao coloquio, organizado pola empresa taurina da familia Lozano, é libre e gratuíta.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.