Este ano o luns de Pascua non é un día festivo en Pontevedra pero a romaría de San Cibrán, en Tomeza, segue sendo unha parada habitual para centos de devotos en busca de espantar o mal de ollo.
Cumprindo a tradición os romeiros acudiron á ermida para espantar ás meigas dando nove voltas ao templo mentres botaban pequenas pedras sobre o tellado, unha cada volta.
Moitos dos asistentes aproveitaron tamén para levarse á casa herbas milagrosas compostas por romeiro, loureiro ou ruda, ramos que segundo os devotos axudan tamén a curar o 'meigallo' se previamente se pasa varias veces pola imaxe do santo.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.