Este venres, o Centro de Día Amencer-Aspace volveuse a encher de sorrisos e ilusión coa segunda visita dos magos do Abraioscopio, o novo festival de maxia que recolle a testemuña da entrañable Pontevedra Máxica.
Desde o xoves e até o domingo, Pontevedra convértese nun auténtico escenario de fantasía, con espectáculos de maxia, música e circo repartidos por distintos espazos de lecer da cidade. Pero o máis bonito é que esta maxia tamén chega a lugares onde máis se valora: a Residencia Pública, o Hospital Provincial e, por suposto, o centro de día de Amencer.
Este centro, xestionado pola Asociación Amencer-Aspace, ofrece atención especializada a persoas con parálise cerebral e outras condicións afíns. Mozos e adultos con diferentes necesidades de apoio —motrices, cognitivas, sensoriais ou de comunicación— gozan aquí dun espazo cheo de vida, onde momentos como o deste venres deixan pegada.
O programa do Abraioscopio non queda só nos escenarios tradicionais. Pontevedra tamén se apunta ás Rutas Gastromáxicas, onde bares e restaurantes transfórmanse en improvisados teatros de ilusionismo, maridando boa comida con trucos sorprendentes.
O domingo 14 de setembro, o Pazo da Cultura será o escenario da esperada Gran Gala de Maxia, cun elenco conformado por: Álex Louzao, Mago Noel, Mario López, Celia Muñoz, Xulio Merino e Ton Risco.
Os máis pequenos tamén teñen o seu espazo nesta cita máxica. O sábado pola mañá, a biblioteca pública acollerá dous talleres infantís que culminarán cun espectáculo que mestura maxia e contos. E o domingo, o mercado será escenario dunha dobre proposta matinal: un taller inspirado no universo de Harry Potter e unha función de maxia familiar con Lolamento.
O festival, dirixido polo mago pontevedrés Iago Barral co apoio do Concello de Pontevedra, ofrece máis de 30 actividades entre espectáculos, obradoiros e eventos familiares. A maioría son gratuítas e abertas ao público, excepto a gala do Pazo da Cultura ás 19:30 horas.

Un toque de maxia en Amencer-Aspace grazas ao ciclo Abraioscopio