Tortilliñas de mexillóns en escabeche Pescamar

Poio
19 de abril 2025

Unha receita ideal como aperitivo ou primeiro prato, coa que aproveitaremos todos os beneficios dos mexillóns en escabeche da gama gourmet de Conservas Pescamar

Tortilliñas de mexillóns
Tortilliñas de mexillóns / Natthapon Ngamnithiporn en Vecteezy

A serie "A cociña gourmet en conserva" ofrécenos unha receita ideal como aperitivo ou primeiro prato, coa que aproveitaremos todos os beneficios dos mexillóns en escabeche da gama gourmet de Conservas Pescamar.

O mexillón é un molusco altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. Caracterízase, ademais, polo seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas.

Mexillóns gourmet de Conservas Pescamar
Mexillóns gourmet de Conservas PescamarConservas Pescamar

Para preparar unhas saborosas Tortilliñas de mexillóns en escabeche Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas de Mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar

- 100 g de abrochos de soia

- 1 cunca de fariña de trigo

- 2 ovos

- 1/2 cunca de leite

- 1 culleradiña de po de enfornar

- 1 dente de allo

- 1 cullerada de cebollino picado

- Sal e pementa ao gusto

- Aceite de oliva

- Pirixel fresco picado

Preparación:

Nun bol grande, batemos os ovos. Engadimos o leite e mesturamos ben.

Logo, agregamos a fariña, o po de enfornar, o sal e a pementa e revolvemos ben ata obter unha masa homoxénea.

Picamos o allo e o ceboliño e incorporámolos ao bol xunto cos abrochos de soia. Remexemos suavemente para integrar todos os ingredientes.

Á parte, escorremos e reservamos o líquido das dúas latas de Mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar. Tallamos os mexillóns, agregámolos ao bol e mesturamos.

Nunha tixola grande, quentamos un pouco de aceite a lume medio.

Cun cullerón, vertemos porcións da mestura na tixola quente. Cociñamos as tortilliñas por cada lado, ata que estean douradas e cocidas por dentro.

Retiramos as tortilliñas da tixola e colocámolas sobre papel absorbente para eliminar o exceso de aceite.

Servimos quentes, esparexendo un pouco de pirixel picado por enriba e acompañadas da salsa de escabeche que reservaramos.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.

Tortillitas de mejillones
Tortilliñas de mexillónsNatthapon Ngamnithiporn en Vecteezy