Traballadoras de Cleanet celebran en Madrid a rescisión do contrato por parte de Defensa

Pontevedra
15 de xaneiro 2015

As traballadoras afectadas trasladáronse a Madrid en varios autobuses dende Pontevedra e Ferrol para protestar ante o Ministerio. Unha representación sindical foi recibida por responsables de contratación e de asuntos xurídicos de Defensa

Protesta de traballadores de Cleanet en Madrid CIG

Traballadores de Cleanet, a empresa encargada da limpeza das dependencias militares, manifestáronse en Madrid durante este xoves 15 a través do sindicato CIG, da central ELA e co apoio de CC.OO. para reclamar unha solución aos dous meses de atraso no cobramento dos seus salarios.

Dende o Ministerio de Defensa comunicouse aos responsables sindicais que se vai iniciar o proceso de rescisión con Cleanet. Os representantes dos traballadores reclamaron que se acelere o proceso e que dende o ministerio se acelere o pagamento dos salarios, ademais de garantir que a nova concesionaria asuma a débeda cos traballadores.

Segundo o sindicato CIG, a rescisión do contrato realízase como consecuencia das manifestacións e a convocatoria de folgas que durante os tres últimos meses promoveron os traballadores de limpeza nas instalacións militares.