Un grupo de ao redor de vinte traballadores de Construciones Crespo concentrouse ante a sede da empresa no Gorgullón durante a mañá deste luns 12 de maio dentro do calendario de protestas que o persoal está a levar a cabo con motivo da solicitude de liquidación por parte da dirección da empresa.
Construcciones Crespo encóntrase sometida a un concurso de acredores e, segundo expuxo o representante sindical da CIG, Xaquín Agulla, os traballadores encóntranse á espera dos ritmos que marque o Xulgado do Mercantil para iniciar a folga de media xornada prevista para catro mércores consecutivos. Dende o sindicato manéxanse as datas do 21 de maio ou do 28 deste mesmo mes para iniciar o paro. "Non queremos gravar os traballadores pero intentamos que teña a máxima repercusión posible e por iso escollimos os mércores que cortan a semana", afirmou Agulla.
O equipo entende que a carga de traballo da empresa pode evitar a liquidación pero, dende os sindicatos, engaden que falta interlocución coa dirección. "ÿ unha falta de tacto por parte do empresario", apuntou Xaquín Agulla.
Traballadores de Construcciones Crespo concéntranse ante a sede da empresa
Pontevedra
12
de maio
2014
Nos próximos días, o persoal convocará a folga de media xornada durante catro mércores consecutivos á espera das decisións que adopte o Xulgado do Mercantil no que se resolva o concurso de acreedores
Máis novidades