Traballos na rede de saneamento do río Gafos para arranxar os danos do inverno

Pontevedra
13 de maio 2016

Operarios de Viaqua acometeron traballos de reparación, reposición e mantemento en distintos tramos do río, no seu paso polo rural pontevedrés

Arranxos no rio dos Gafos
Arranxos no rio dos Gafos / Concello de Pontevedra

O deterioro, os danos e demáis efectos negativos sobre as infraestruturas provocados polas intensas chuvias dos últimos meses e tamén polo transcorrer do tempo obrigaron a realizar distintos traballos de reparación e mantemento na rede de saneamento e no leito do río Gafos, segundo explicou o concelleiro responsable do Ciclo da Auga, Raimundo González Carballo.

Operarios de Viaqua acometeron traballos de reparación, reposición e mantemento en distintos tramos do río, no seu paso polo rural pontevedrés.

Son traballos previstos no contrato do servizo municipal de auga e que, polo tanto, están ao marxe do proxecto de saneamento integral do Gafos que acometerán o Concello e a Deputación de xeito conxunto.

Farano "após de que Augas de Galicia e a Xunta anularan unilateralmente a final do paso ano o convenio para o saneamento deste río aludindo a que no daba tempo de levar a cabo unha actuación que está dentro do programa Operativo Feder Galicia 2007-2013, que obrigaba a que as accións subvencionadas se executadasen antes do remate do ano 2015", lembraron dende o goberno local.

"O compromiso co medio ambiente e coa calidade de vida da veciñanza leva ao Concello a procurar novos aliados, neste caso a Deputación, e a seguir adiante co proxecto de saneamento do Gafos" que, como lembra o equipo de goberno local, terá un custe aproximado de 1,1 millóns de euros.