Unha patrulla do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra interceptou na mañá deste domingo unha condutora que circulaba cun patinete eléctrico pola autoestrada AP-9 ao seu paso pola cidade do Lérez.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, a muller, veciña de Pontevedra de 36 anos, foi denunciada por unha infracción administrativa que conlevará a imposición dunha sanción económica.
A pontevedresa accedera á AP-9 pola incorporación de Lourido e, cando xa estaba na vía de alta capacidade, atravesou a mediana.
Os feitos ocorreron sobre as 9.45 horas deste domingo e a muller foi interceptada por dous motoristas de Tráfico inmediatamente despois de cruzar a ponte da ría, en sentido a Pontevedra.
Os dous motoristas do destacamento de Tráfico necesitaron o apoio doutra patrulla para retirar á muller e o seu patinete eléctrico da autoestrada.