Tráfico invita a Lores a un debate en Madrid sobre a seguridade viaria

Pontevedra
07 de xuño 2014

A Dirección Xeral de Tráfico invitou a Pontevedra, que non conta con ningunha vítima mortal por atropelo ou accidente de tráfico nos dous últimos anos, un foro sobre seguridade vial nas cidades durante os días 12 e 13 de xuño en Madrid

Pasos de peóns elevados na Avenida de Pontevedra
Pasos de peóns elevados na Avenida de Pontevedra / Concello de Ponte Caldelas

O baixo índice de accidentes de tráfico que se rexistran en Pontevedra foi un factor determinante para que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores fose invitado pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT) a participar nun foro de debate sobre seguridade vial nas cidades que se vai celebrar durante os días 12 e 13 de xuño en Madrid.

Alcaldes doutras cidades como Madrid, Vitoria, Barcelona ou Xixón analizarán con Fernández Lores as fórmulas de reordenación de tráfico que poden resultar positivas para reducir o número de accidentes e atropelos, segundo informaba o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera.

En Pontevedra, durante os dous últimos anos, non se produciron accidentes mortais relacionados coa mobilidade urbana. Segundo os datos da Policía Local, durante o ano 2013, rexistráronse 110 feridos na maior parte dos casos de carácter leve e como consecuencia de distraccións dos condutores. Os casos de maior gravidade, segundo as mesmas fontes, débense a conducións baixo os efectos do alcohol ou de estupefacientes.