Tres casos activos menos de coronavirus para un total de 13 na área sanitaria

Pontevedra
09 de xuño 2020

Despois de catro xornadas sen cambio, o balance oficial da Consellería de Sanidade para este martes 9 de xuño reflicte un leve descenso de afectados en Pontevedra e O Salnés

Servizo de Urxencias do Hospital Montecelo durante la crisis sanitaria do coronavirus
Servizo de Urxencias do Hospital Montecelo durante la crisis sanitaria do coronavirus / Mónica Patxot

Pontevedra-O Salnés alcanzou de novo a Ferrol como área sanitaria galega con menor número de casos activos de coronavirus, ao situarse este martes 9 de xuño nos 13 casos.

Esta cifra, reflectida no balance diario que ofrece a Consellería de Sanidade, supón un descenso de tres casos activos con respecto ao luns, despois de catro xornadas sen cambios.

Segundo estes números producíronse 4 altas epidemiolóxicas mentres que se rexistrou un novo contaxio. O máis positivo segue sendo unha xornada máis a ausencia de pacientes hospitalizados con positivo activo en coronavirus, xa que os 13 casos evolucionan nos seus domicilios.

Desde o inicio da pandemia curáronse 885 pacientes afectados polo Covid-19 na área sanitaria, mentres que a cifra de falecementos asociados ao  cirus mantense en 16.

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 503, polos 515 do luns. Deles 112 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 37 da de Ourense, 13 da de Pontevedra, 192 da área de Vigo, 105 da de Santiago, e 13 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 15 están en unidades de hospitalización e 487 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.275 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 152.130 e o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais supoñen o 0,07% do total das persoas residentes. 

En toda Galicia hai 18 usuarios e 16 profesionais de centros residenciais contaxiados e rexistráronse 132 falecementos en residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.