Un incendio iniciado de madrugada afectou a tres colectores, dous coches e unha moto en Sanxenxo.
Segundo a información facilitada polo Concello de Sanxenxo, o lume iniciouse de madrugada na rúa Panadeira.
O lume comezou en tres colectores e afectou tamén a dous coches e unha motocicleta que estaba estacionados na zona.
Como consecuencia do incendio, viuse afectado tamén ao cableado eléctrico.
Os primeiros en acceder ao lugar foron efectivos da Policía Local, a Garda Civil e os Bombeiros de Pontevedra.
Máis tarde incorporouse o servizo de Emerxencias de Sanxenxo.
Os efectivos de Emerxencias de Sanxenxo tardaron en incorporarse á intervención porque, cando se iniciou o lume, estaba a realizar un servizo en Poio.