Tres meses para rozar os espazos municipais de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
12 de abril 2017

O Concello de Ponte Caldelas iniciou esta Semana Santa a campaña anual de limpeza e corta da broza en todos os camiños e espazos públicos municipais. Un traballo que vai levar uns tres meses para repasar e deixar nas mellores condicións posibles os 33 lugares do mapa rural caldelán

Limpeza nos núcleos do rural de Ponte Caldelas
Limpeza nos núcleos do rural de Ponte Caldelas /

O Concello de Ponte Caldelas iniciou esta Semana Santa a campaña anual de limpeza e corta da broza en todos os camiños e espazos públicos municipais. Un traballo que vai levar uns tres meses para repasar e deixar nas mellores condicións posibles os 33 lugares do mapa rural caldelán.

A campaña púxose en marcha hai dous anos e, nesta ocasión, chega con dous meses de adianto, pois a experiencia acumulada aconsella comezar antes para rematar o repaso ao comezo do verán.

Os operarios municipais iniciaron o labor pola capela da Saúde, onde a próxima semana celébrase unha tradicional procesión á que acode moita xente.

A partir do próximo luns incorpóranse ao cadro de persoal municipal os primeiros efectivos do Plan de Emprego da Deputación, co que serán un total de cinco persoas as que se ocuparán deste operativo.

O Concello de Ponte Caldelas optou por contratar menos xente, pero pagando o salario do convenio da construción no marco dunha política de máximo respecto aos dereitos dos traballadores.