Tres novas empresas instalaranse no polígono de Sequeiros nos próximos meses

Barro
26 de agosto 2016

Cada vez son máis as empresas interesadas nos polígonos de Barro. Durante o mes de setembro tres novas empresas instalaranse no Polígono Industrial de Barro onde a nave de Estrella Galicia atopase nun estado avanzado de construción

Nave de Estrella Galicia
Nave de Estrella Galicia / Concello de Barro

Cada vez son máis as empresas interesadas nos polígonos de Barro. Durante o mes de setembro tres novas empresas instalaranse no Polígono Industrial de Sequeiros en Barro onde a nave de Estrella Galicia atopase nun estado avanzado de construción.

A excelente situación dos polígonos de Barro, tanto o privado como o público, fan que sexa un referente para poder situar máis empresas no Concello.

Unha das empresas que se van instalar está relacionada co sector eléctrico e ten máis de 30 operarios.

Dende o Concello de Barro trasladaron a súa satisfacción pola chegada destas empresas e pola boa acollida que están tendo estes polígonos.

José Sanmartín, alcalde en funcións, solicitou á Deputación de Pontevedra en conversa co deputado David Regades, a súa colaboración para facer máis atractivo o polígono de Barro propoñendo o desmonte da parcela que será cedida ao Concello para mellorar a fachada do polígono e do Viveiro de Empresas.

Tamén informou que dende a Consellería de Promoción Económica vanse levar a cabo campañas para animar a chegada de máis empresas.