Tres persoas resultaron feridas e tiveron que ser evacuadas ao hospital tras verse implicadas nun accidente de tráfico na tarde deste domingo en Caldas de Reis.
O sinistro rexistrouse pouco antes do catro da tarde deste domingo na estrada N-550, ao seu paso por Caldas.
Consistiu no choque frontal entre dous turismos e, como consecuencia do impacto, unha persoa quedou atrapada no interior dun do vehículos.
Efectivos do parque comarcal de bombeiros de Ribadumia tiveron que intervir para liberar á persoa atrapada, co fin de facilitar o acceso do persoal médico.
Finalmente, foi trasladada polos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Hospital de Montecelo.
Outras dúas persoas tamén tiveron que ser trasladadas a Montecelo.
As xestoras do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Ribadumia e dos voluntarios de Protección Civil de Cuntis, Caldas e Catoira.
Tamén participaron no operativo axentes da Policía Local de Caldas e da Garda Civil de Tráfico.