"Non retroceder nos dereitos que temos gañados e que temos máis que justificados e que temos máis que certificados". Esa é a demanda que fixo este xoves, 1 de maio, o sindicato UGT na súa manifestación polas rúas de Pontevedra.
O sindicato iniciou a súa mobilización ás 13.00 horas na rúa Pasantería, xusto ao mesmo tempo que o facía CGT da Praza do Hospital, e rematou na praza de España. Durante o percorrido acompañaron a mobilización cargos do PSOE da comarca.
O seu secretario comarcal, Ramón Vidal, explicou que saír á rúa este 1 de maio é necesario para seguir demandando dereitos, como a reducción da xornada laboral, "facer presión para que todas as organizacións políticas apoien esta medida tan demandada e tan necesaria para a conciliación familiar, para a vida, para unha vida máis digna".
Lembrou Vidal a globalización do mundo actual, o incidente do apagamento xeral do luns ou a guerra arancelaria e sinalou que todo afecta á estabilidade laboral.
Así, xa na presentación desta manifestación Ramón Vidal fixera referencia á "situación de deriva internacional globalizada cara ao liberalismo puro e duro", que supón "unha loita clara contra os dereitos dos traballadores e das traballadoras".
Nesta liña, insiste en que "o estado de benestar está en franco perigo e os aranceis están a afectar o futuro do noso sector empresarial".
DIVISIÓN SINDICAL
Ramón Vidal lembrou que a división sindical con CIG xa leva moitos anos producíndose, é unha "división clásica", pois "non quere participar nunha manifestación conxunta".
Diferente é a separación con CCOO, pois noutras cidades os dous sindicatos van xuntos e en Pontevedra tamén ata hai un par de anos. Vidal asegurou que "non é por culpa de UGT".
Animou a preguntar as causas a CCOO, pois considera que teñen "o mesmo lema, a mesma reivindicación e a mesma situación" e asegura que, por parte de UGT, a proposta de manifestarse de forma conxunta "sempre está aberta. Nós non dixemos nunca que non".

Manifestación de UGT o 1 de maio de 2025