Un apoio 'real' para PONMO: Carla Royo-Villanova, princesa de Bulgaria, participará no certame

Pontevedra
20 de setembro 2013

Chega da man de ALALA Alta Costura e estará acompañada da súa irmá Guillermina, que presentará a súa obra no showroom do certame PONMO, que nace co apoio da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo, terá vocación solidaria As invitacións aos desfiles poderán recollerse na Casa da Luz

Carla Royo-Villanova confirmou a súa asistencia aos desfiles que terán lugar a próxima semana dentro da programación de PONMO (Pontevedra Moda).

A Princesa de Bulgaria participará como membro do xurado do Certame Mara Martín PONMONOVO que se celebrará no Recinto Feiral o venres 27 de setembro a partir das 21.30 horas e onde doce novos deseñadores presentarán as súas propostas nun formato concurso. Estará acompañada no xurado por representantes do mundo da moda, empresa e política.

PONMO nace co patrocinio da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo do Concello de Pontevedra. A súa responsable, Carlota Román, destaca que con esta iniciativa busca o obxectivo de continuar referenciando a Pontevedra nun sector estratéxico para toda a provincia e, ao tempo, reforzar a programación feiral e congresual da cidade.

Asiste da man ALALÁ Alta Costura, unha de marcas que se subirán á pasarela PONMO o sábado pola noite e que colaborou decididamente coa organización do evento para proporcionar un "front row" (primeira fila) de primeiro nivel a esta nova iniciativa de moda en Galicia. Esta firma presentará a súa colección "El Jardín de Carla" da que é imaxe a princesa.

Moi relacionada co mundo da moda e a comunicación, Carla Royo-Villanova colabora con numerosos medios de comunicación especializados e foi responsable de comunicación de marcas tan emblemáticas da moda española como Pedro del Hierro. Na actualidade preside e dirixe a empresa de cosmética natural Carla Bulgaria Roses Beauty.

Nestes días estase a pechar a asistencia de personalidades relacionadas coa prensa especializada a nivel nacional así como profesionais do sector da moda.

INVITACIÿN PARA ASISTIR AOS DESFILES

A próxima semana poñeranse a disposición do público na Casa da Luz as invitacións para asistir aos desfiles.