Un cha-cha-chá colectivo polos 25 anos de Zona Monumental

Pontevedra
01 de xullo 2014

O Centro Comercial Urbano Zona Monumental organizou unha clase de baile dirixida a nenos e adultos a cargo dos campións de España de Baile Deportivo Adrián Esperón e Patricia Martínez entre as 18.30 e as 20.00 horas na praza de Curros Enríquez

Presentación de la actividad 'Baila la Zona Monumental'
Presentación de la actividad 'Baila la Zona Monumental' / CCU Zona Monumental

O próximo xoves 3 de xullo os 25 anos de vida do Centro Comercial Urbano Zona Monumental celebraranse con moito ritmo. Dentro das actividades organizadas con motivo do seu aniversario, o colectivo organizou unha clase de baile dirixida a nenos e adultos a cargo dos campións de España de Baile Deportivo Adrián Esperón e Patricia Martínez.

Entre as 18.30 e as 20.00 horas ensinarán a todos os que se acheguen pola praza de Curros Enríquez a bailar, probablemente o estilo cha-cha-chá, dentro da actividade 'Baila la Zona Monumental'. A actividade é gratuíta e o CCU busca que os pontevedreses pasen unha tarde divertida.

Zona Monumental agradece á Deputación de Pontevedra a súa colaboración nesta actividade, xa que está dentro das actividades do Plan Cultural da Deputación, así como a colaboración de Concello e dos dous bailarins estrela da tarde, Adrián e Patricia.