Os campións de España de Baile Deportivo Adrián Esperón e Patricia Martínez impartiron durante a tarde deste xoves unha clase colectiva de baile na praza Curros Enríquez.
Esta actividade, dirixida a nenos e adultos, estaba enmarcada dentro dos actos de 25 aniversario do Centro Comercial Urbano Zona Monumental.
Os asistentes puideron gozar durante hora e media das ensinanzas da parella pontevedresa, que tiñan o obxectivo de facer pasar un bo anaco aos que por alí pasaron e se animaron a participar.