Aprender a bailar cha-cha-chá cuns profesores de luxo. É o que puideron facer os pontevedreses que se achegaron este martes á praza de Curros Enríquez.
Alí, os campións de España de baile deportivo Adrián Esperón e Patricia Martínez foron mestres de excepción nunha clase colectiva na que participaron nenos e adultos.
A actividade, de balde e dirixida a todos os públicos, estaba organizada polo Centro Comercial Urbano Zona Monumental tras o bo sabor de boca da realizada hai un ano.
O obxectivo simplemente era pasar unha tarde divertida, promocionar o baile deportivo e de paso dinamizar o centro histórico.