Un concerto de Pelepau sinfónico coa Banda de música Xuvenil será o colofón da Festa do Viño de Barro 2023

Barro
06 de xuño 2023

Desde o 15 ata o 18 de xuño, Barro celebrará a XLIV edición da Festa do Viño con múltiples actividades, que se iniciarán na tarde do xoves 15 cunha festa infantil no Pavillón.

Celebración da Festa do Viño de Barro Concello de Barro - Arquivo

O 15 de xuño comezarán as actividades, a partir das 17.00 horas, cunha festa infantil no Pavillón. Ao remate, ás 19.30 horas, está previsto o inicio do trofeo Festa do Viño de fútbol no campo de Outeiro. 

Actuarán no Xoves do viño, no Pazo da Crega, os grupos A Gramola, e Gominola a partir das 20.00 horas. No mesmo espazo, ás 22.30 horas, chegará a quenda de Jorge Menéndez Quartet.

Na xornada do 16, continuará o fútbol a partir das 18.00 horas. Ás 20.30 está prevista a actuación do Grupo de Danzas "Amor Ruibal" de Barro. Media hora máis tarde será inaugurado o XVI Certame de viños D.O. Rías Baixas, con pregón a cargo de Iria Viqueira Cespón e actuación do grupo Os Alegres. Marbella e Olympus ofrecerán a gran verbena a partir das 22.30 horas.

O sábado 17, o fútbol comezará ás 10.00 e o deporte continuará ás 17.00 horas coa final senior IX Torneo de tenis Festa do Viño. Ás 20.00 horas está previsto o concerto da Coral Polifónica de Barro no Pazo da Crega, coas actuacións do Grupo de Pandereteiras Peñaflor e habaneras a cargo do parroquial da Portela. As orquestras Miramar e Trébol animarán a noite a partir das 22.30 horas cunha nova verbena.

Durante o domingo 18 comenzará a actividade ás 12.00 horas coa IX Xuntanza de Vespas, Lambrettas e motos clásicas. Xa ás 10.30 horas vai desenvolverse a cata de viños albariños da D.O. Rías Baixas, no Pazo da Crega e tamén, no local anexo, a cata de viños caseiros. Haberá música a cargo da Charanga Alambique, que dará paso á Sardiñada con viño, acompañada da entrega de premios no patio do Pazo da Crega e o tradicional xantar da Festa do Viño.

Ás 21.00 horas chegará a fin de festa co concerto de Pelepau sinfónico xunto á Banda de música Xuvenil de Barro nun novo espectáculo musical de alta calidade.