Un control conxunto da Policía Local de Poio e a Garda Civil de Tráfico de Pontevedra destapou este domingo a acción dun condutor que circulaba nun coche con cogollos de marihuana.
Segundo a información difundida pola Policía Local de Poio, estaban a realizar o control conxunto na tarde deste domingo cando un condutor se deu a fuga nunha condución manifestamente temeraria. Os axentes seguírono e finalmente chegaron ata o vehículo, pero o condutor xa non estaba.
O coche quedou abandonado no peirao de Covelo e os axentes localizaron no interior cogollos de marihuana. A droga foi intervida e procedeuse a retirar o vehículo para o deposito municipal de Poio.
A Policía Local de Poio segue intensificando os controis e inspeccións para evitar desprazamentos prohibidos polo estado de alarma dictado para frear o avance do coronavirus e solicita a toda a veciñanza o cumprimento da normativa.
Os controis céntranse en todo o municipio, tanto nas zonas urbanas como nas rurais. Desde a Policía Local lembran que é preciso continuar coas medidas de confinamento, "para non baixar a garda e evitar a expansión" do Covid-19.