Un equipo pontevedrés lidera un proxecto europeo para tratar feridas crónicas con intelixencia artificial

Pontevedra
13 de maio 2024

O investigador principal é o enfermeiro José Manuel Rosendo Fernández, supervisor de Procesos e Coidados de Enfermería e responsable da Unidade de Feridas da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

José Manuel Rosendo, José Antonio Esperón, Ana García e Teresa Loureiro
José Manuel Rosendo, José Antonio Esperón, Ana García e Teresa Loureiro / Servizo Galego de Saúde

Un equipo de profesionais de Enfermaría da área sanitaria de Pontevedra coordinará un proxecto de investigación a nivel europeo chamado Icarewounds, que consiste no desenvolvemento con intelixencia artificial dun modelo informático integral de coidado de pacientes para abordar o tratamento de feridas crónicas.

Tras un longo traballo de varios anos, este proxecto acadou financiamento europeo dotado cun millón e medio de euros.

Trátase dunha alianza con outros investigadores do ámbito sanitario procedentes de Italia, Polonia, Irlanda e Finlandia, xunto aos que concorreron á primeira convocatoria da iniciativa supranacional THCS (The European Partnership on Transforming Health And Care Systems), que leva por nome "Healthcare of the future".

O proxecto comeza neste mes de maio e terá unha duración de tres anos.

En concreto, dende a área sanitaria de Pontevedra-Salnés se liderará o estudio clínico "multicéntrico" que se levará cabo en hospitais de tres países (España, Irlanda e Polonia), co que se pretende validar ese modelo informático co obxectivo final de que esa aplicación poida ser unha ferramenta implantada nos sistemas sanitarios reais.

O investigador principal é o enfermeiro José Manuel Rosendo Fernández, supervisor de Procesos e Coidados de Enfermería e responsable da Unidade de Feridas da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Xunto a él participan outros profesionais pontevedreses de enfermaría con ampla traxectoria: Ana García Fernández, subdirectora de Enfermaría da área sanitaria; José Antonio Esperón Güimil, enfermeiro do centro de saúde de Anafáns en Poio; e Teresa Loureiro Rodríguez, supervisora da Unidade de Corta Estancia do Hospital Montecelo.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora