O CIM (Centro de Información á Muller) de Sanxenxo poñerá en marcha un "escape room" no IES Vilalonga, IES Sanxenxo e no colexio Abrente, a finais deste mes de abril.
A proposta busca que, con adiviñas e xogos, se desenvolvan técnicas relacionadas coa aprendizaxe da igualdade e a loita contra as violencias machistas.
Analizaranse, durante as seiones, os estereotipos e mitos asociados á violencia de xénero e ás relacións entre homes e mulleres.
Tamén está prevista a proxección do documental 'Eu tamén necesito amar', dirixido ao Taller de Memoria Municipal. Proxectarase do 17 ao 24 de abril nas parroquias de Noalla, Vilalonga, Sanxenxo, Dorrón, Bordóns e Portonovo.
No documental analízase a evolución das relacións de parella desde a década dos 50 ata a actualidade, recollendo a evolución dos dereitos das mulleres e as distintas formas en que se desenvolven as relacións amorosas.
Tamén se poñerá en evidencia a violencia machista, a súa evolución e a reacción social nos últimos anos. Estas actividades, con entrada libre, son financiadas polo Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado e Igualdade e contra a Violencia de Xénero.