Un estudante do Sagrado Corazón de Praceres, finalista de monólogos científicos

Pontevedra
04 de maio 2016

Pablo Fariña, alumno de cuarto de ESO, resultou gañador da fase galega de monólogos científicos 2016 e viaxará a Madrid este xoves 5 de maio para a final nacional

Pablo Fariña, finalista de Monólogos Científicos, xunto aos seus compañeiros do Sagrado Corazón de Praceres
Pablo Fariña, finalista de Monólogos Científicos, xunto aos seus compañeiros do Sagrado Corazón de Praceres / http://pelandintecno.blogspot.com.es

Pablo Fariña será o único representante galego na final de monólogos científicos 2016 que se disputa en Madrid este xoves 5 de maio con outros seis participantes de distintos puntos de España.

Fariña é un alumno de cuarto de ESO do colexio Sagrado Corazón de Praceres e logrou gañar a fase galega destes monólogos. Ese triunfo ten como premio unha viaxe a Xenebra, Suíza, cun profesor do centro. A creatividade, orixinalidade, dificultade dos conceptos expostos e a calidade da posta en escena foron determinantes para que este novo estudante fose seleccionado para a fase final.

O concurso de Monólogos de LoscosxCiencia está organizado pola Fundación Telefónica, a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) e a Cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco, en colaboración con BigVan.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora