A presidenta da Deputación, Carmela Silva, adiantou que este próximo martes asinará un convenio de colaboración co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que inclúe a realización dun estudo técnico que analice o impacto da planta de compostaxe prevista na Canicouva.
Este estudo, que incluirá o detalle do control de lixiviados e estabilización da zona, é un dos poucos avances que se coñeceron neste proxecto desde que en decembro de 2015 asinouse o contrato de aluguer cos comuneiros.
Ademais, Deputación e Concello teñen previsto asinar o martes outro convenio de colaboración para dotar de herba sintética nos campos de fútbol de Gatomorto, en Santa María de Xeve, e Chan do Monte, en Cerponzóns.
O goberno local de Pontevedra está á espera de obter os terreos para acondicionar outro campo máis de céspede artificial en Salcedo e xa ten proxectada a renovación do tapiz do campo da Xunqueira.