Os residuos orgánicos que xeren unhas 39.000 persoas, un 46% dos habitantes de Pontevedra, serán tratados na planta de compostaxe que o Concello proxecta na parroquia da Canicouva. Así o desvelou este mércores a concelleira de Medio Ambiente Natural, Carme da Silva. Serán aquelas que vivan nas áreas máis poboadas...
Tras meses de estudos técnicos, "moi pronto" haberá novidades con respecto ao proxecto da planta de compostaxe que o Concello de Pontevedra ten previsto construír na parroquia da Canicouva. Así o desvelou o vicepresidente da Deputación, César Mosquera.
Foi durante a firma do convenio entre a institución provincial, o goberno municipal...
A Deputación de Pontevedra asinará nos próximos días un convenio coa Universidade de Vigo para que leve a cabo unha investigación a través da Escola de Enxeñería Forestal do campus local que permita desenvolver os usos e características dos distintos tipos de compost. Así o anunciaba este mércores o vicepresidente...
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, adiantou que este próximo martes asinará un convenio de colaboración co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que inclúe a realización dun estudo técnico que analice o impacto da planta de compostaxe prevista na Canicouva.
Este estudo, que incluirá o detalle do control de...
Nos barrios de Campolongo e Monte Porreiro e na parroquia de Campañó instalaranse unha serie de composteiros para iniciar o proceso comunitario de compostaxe. Nestes momento o concello está a elaborar o prego de condicións para a súa compra, para empezar nun prazo de catro meses "á volta do verán".
Simultaneamente...
O portavoz do goberno local de Pontevedra, Raimundo González, restou importancia á demanda interposta pola plataforma contra a instalación dunha planta de compostaxe na Canicouva.
Segundo informou, a comunidade de montes de Ponte Sampaio reclama a titularidade de 8.425 metros cadrados de monte que, segundo afirman, atópanse incluídas entre as dez...
O grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra afirma que non existe proxecto definido para os terreos de A Canicouva a pesar de que o BNG asinou o pasado mes de decembro o contrato de alugueiro coa comunidade de montes desta parroquia.
Este mércores o portavoz popular, Jacobo Moreira, criticou que...
O Grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra lamentou que o grupo de goberno do BNG non informe sobre os traballos que se están a levar a cabo nos terreos da Canicouva, tal e como lle solicitaron os populares o pasado 17 de febreiro.
Dende o PP lembran que por estes...
O grupo de goberno de Ponte Caldelas convocará asembleas veciñais informativas nos lugares de A Reigosa, Xustáns, Baltar e Taboadelo, así como en todos aqueles lugares onde se lle solicite, para "explicar pormenorizadamente as implicacións que terá para o municipio a implantación da microplanta de reciclaxe na parroquia pontevedresa da...
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou este luns presentarse no Xulgado do Contencioso-administrativo número dous desta capital no procedemento iniciado pola plataforma veciñal 'Residuos Non' de Ponte Sampaio co seu recente recurso en contra do aluguer dos terreos, asinado polo goberno local en decembro pasado.
O gabinete xurídico...
Un nutrido grupo de veciños de Ponte Sampaio acudiu na noite deste venres á reunión convocada pola plataforma 'Residuos Non' nada en oposición á futura planta de compostaxe da Canicouva para poñerse ao día das últimas novidades deste polémico proxecto e as accións que están a realizar os opositores. A...
A concelleira de Urbanismo do Concello de Pontevedra, Carme da Silva, pechou calquera opción de suspender a licenza de contrución da futura planta de compostaxe da Canicouva, tal e como solicitou o Partido Popular a través dunha moción que será debatida no Pleno municipal.
Da Silva explicou que ao tratarse dunha...
O Partido Popular presentou unha moción para que se debata en pleno a suspensión da concesión de licenza á creación dunha planta de compostaxe en solo rústico durante un ano. Na mañá deste martes, o portavoz do grupo municipal do PP, Jacobo Moreira, anunciaba esta iniciativa acompañado polo presidente e...
Un ano despois de iniciar os trámites -coa presentación da correspondente oferta-, o Concello de Pontevedra e a Comunidade de Montes da Canicouva subscribiron este xoves o contrato de aluguer dos terreos nos que o goberno municipal pretende instalar a planta de compostaxe. "Mantemos o horizonte de 2017 para que...
O PP esixe ao goberno municipal que anule a adxudicación para o aluguer dos terreos da comunidade de montes da Canicouva, nos que o Concello de Pontevedra ten previsto construír a planta de compostaxe.
Así, presentarán unha moción no próximo pleno a este respecto, xa que entenden que é unha "burla"...
Suspender de forma cautelar as licenzas urbanísticas para a construción de plantas de compostaxe durante un ano, igual que se fixo recentemente cos crematorios. É a solución que baralla presentar o Partido Popular no próximo Pleno para evitar a súa instalación na Canicouva.
Así o avanzou este xoves o seu voceiro,...
A construción da planta de compostaxe na Canicouva deu este mércores un paso máis ao aprobarse nunha xunta de goberno extraordinaria o contrato de aluguer dos terreos.
Desta forma o goberno local acepta as condicións propostas para a cesión de 10 hectáreas, propiedade da comunidade de montes, destinadas á construción da...
O grupo municipal do PSdeG-PSOE quere que o Concello de Pontevedra elabore unha serie de informes previos á posta en marcha da planta de compostaxe que programan, e para a que xa lle ofreceron terreos na Canicouva. Pide que o proxecto volva ser debatido no Pleno da corporación a través...
A reclamación administrativa contra o aluguer dos terreos de monte comunal na Canicouva presentada pola plataforma de veciños de Ponte Sampaio foi rexeitada polo Concello de Pontevedra por "cuestións de forma", entre outros motivos.
Estes terreos foran seleccionados para albergar a futura planta de compostaxe.
A xunta de goberno local celebrada este...
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, asegurou este venres que a provincia ven de dar un "paso adiante irreversible" na súa concienciación para aplicar sistemas de compostaxe no tratamento do lixo. O nacionalista explicou que a viaxe a Navarra foi un éxito, xa que se converteu no xerme...
A expedición da Deputación en Navarra, formada por 45 alcaldes, concelleiros e técnicos de toda a provincia de Pontevedra, coñeceron este luns as instalacións da planta de compostaxe de Epele (Bergara), que na súa concepción é moi similar á que se pretende instalar na Canicouva en Pontevedra. Así mesmo, tamén...
A expedición pontevedresa da Deputación coñeceu este luns o sistema de tratamento de lixo que se está a realizar na localidade vasca de Larrabetzu cun grupo de 175 veciños e dous restaurantes e que é "perfectamente aplicable" a pequenos núcleos de poboación dentro de calquera concello da provincia de Pontevedra...
A Plataforma Residuos Non de Ponte Sampaio asistirá o sábado ao Pleno de investidura da nova Corporación do Concello de Pontevedra.
A plataforma convocou aos veciños ás 11:00 horas da mañá do sábado en Ponte Sampaio dende onde se trasladarán en autobuses para asistir á sesión plenaria.
Segundo informaron dende a plataforma,...
No último día de campaña e de xeito urxente, o goberno local de Pontevedra convocou unha xunta de goberno extraordinaria para abrir o período dun mes para que todos os interesados poidan ofertar terreos nos que construír a planta de compostaxe.
Segundo explicou o concelleiro de infraestruturas, César Mosquera, a medida...
Ao redor de trescentas persoas participaron este xoves na manifestación convocada pola plataforma Residuos Non de Ponte Sampaio contra a planta de compostaxe da Canicouva.
Eugenio Peón, voceiro da plataforma, explicou que a mobilización pretendía "facer un pouco de forza para parar unha inxustiza" e lamentou a escasa afluencia "porque Pontevedra...
Non estaba na orde do día do Pleno, pero a planta de compostaxe que se planea construír na Canicouva estivo moi presente no Teatro Principal este luns. Preto dun centenar de veciños de Ponte Sampaio, que se opoñen frontalmente a este proxecto, concentráronse antes do inicio da sesión plenaria para...
A plataforma anti-compostaxe anunciou este mércores unha serie de medidas de presión para protestar contra o proxecto de instalación dunha planta de compost no monte da Canicouva.
Este próximo luns esta plataforma fretará varios autobuses para que os opositores a este proxecto auspiciado polo BNG acudan ao Pleno Municipal dende a...
Un informe técnico encargado polos comuneiros da Canicouva conclúe que os terreos elixidos para a construción da planta de compostaxe son "idóneos" xa que se encontran "afastados de núcleos habitados" con "reducido impacto visual" ao que suma que a "dirección principal dos ventos dominantes é favorable".
Segundo o informe asinado polo...
O voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Agustín 'Tino' Fernández, augurou que despois das eleccións o BNG e o Partido Popular "volveran pactar xuntos para construír a planta de compostaxe". Así o dixo nunha rolda de prensa celebrada este sábado para "fixar a posición do Partido Socialista", tras a renuncia...
Cambio de plans no Concello de Pontevedra. A retirada da Deputación do proxecto da planta de compostaxe, anunciada o pasado venres no Pleno provincial, leva ao grupo municipal do BNG a modificar lixeiramente as súas intencións. Non renuncian á súa construción, pero introducen novos matices. A planta da Canicouva será...
O anuncio do presidente da Deputación, Rafael Louzán, de abandonar o proxecto da planta de compostaxe prevista na Canicouva expresado durante o último pleno da Deputación ante a presión dos veciños presentes no salón de plenos provocou a reacción dende as filas socialistas.
O candidato do PSOE por Pontevedra, Agustín Fernández,...
A presenza no Salón de Plenos da Deputación de 120 membros da Plataforma 'Residuos Non' xirou a sesión plenaria deste venres en torno ao proxecto de planta de compostaxe que promoven a Administración provincial e o Concello de Pontevedra en terreos da Canicouva.
O presidente provincial, Rafael Louzán, aclarou que "mentras...
A planta de compostaxe da Canicouva centrará parte do debate do Pleno Municipal de Marín previsto para este venres 13 marzo.
A orde do día inclúe unha moción do BNG, rexistrada o pasado mes de xuño, que formula a adhesión de Marín á planta que impulsan conxuntamente Concello de Pontevedra e...
A "eminencia na xestión de residuos" Alfonso del Val, tal e como o definiu o concelleiro César Mosquera, é o encargado de impartir a segunda das charlas sobre compostaxe organizadas polo Concello de Pontevedra.
Ante desa charla, Del Val explicou en rolda de prensa as súas impresións sobre o proxecto da...
A Agustín Fernández non lle gustou nada o anuncio realizado por César Mosquera de que o contrato entre os comuneiros da Canicouva e o Concello de Pontevedra vaia incluír unha cláusula que limita o destino dos terreos unicamente a unha planta de compost. O candidato do PSdeG-PSOE asegura que se...
Nin unha incineradora nin un vertedoiro de lixo. A Canicouva non se converterá na "Sogama do sur", reiteran dende o Concello de Pontevedra. O concelleiro César Mosquera anunciou este xoves que o contrato que asinará a comunidade de montes da parroquia co goberno municipal só capacitará aos impulsores deste proxecto...
Un grupo de preto de duascentas persoas integrantes da plataforma anti planta de compostaxe acudiu este luns ao Teatro Principal de Pontevedra para asistir ao Pleno municipal.
A entrada do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado polo concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, produciuse entre pitos e apupos por parte dos membros...
A recén constituída plataforma anti planta de compostaxe arrancará este luns coas súas mobilizacións. Así se decidiu este sábado nunha asemblea celebrada na Casa de Cultura de Pontesampaio na que se acordou acudir ao pleno municipal que convocado para o luns no Teatro Principal.
Esta plataforma está integrada por diferentes colectivos...
A Xunta de Montes da Canicouva volve manifestarse ante a polémica da instalación da planta de compostaxe para indicar que foi a propia parroquia, a directiva da Xunta de Montes co consenso unánime da asemblea de comuneiros os que tomaron a decisión "legal e libremente" de seleccionar a parcela no...
O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres cos votos do PP e PSOE, e a abstención do BNG unha modificación de crédito que ascende a 18 millóns de euros para destinar o Plan provincial de Obras e Servizos.
O voceiro do grupo provincial do Bloque Nacionalista Galego, César Mosquera,...
A planta de compost da Canicouva volveu este xoves a situarse no centro do debate político pontevedrés. Todo iso polo debate que se producira un día antes no Parlamento. O PSdeG-PSOE quedou só reclamando á Xunta que rexeite a construción de calquera planta de xestión e tratamento de residuos no...
Ningún dos grupos con representación no Parlamento galego mostrou o seu apoio á proposición non de lei defendida pola deputada do PSdeG Patricia Vilán para pedir á Xunta que abandone a promoción de "calquera proxecto de construción de calquera planta de xestión e tratamento de residuos" no Concello de Pontevedra.
Ante...
O proxecto para construír unha planta de compostaxe na Canicouva chegará este mércores ao Parlamento de Galicia a través dunha proposición non de lei presentada polo PsdeG-PSOE. Ante ese inminente debate, o PPdeG ven de facer pública a postura que vai defender no pleno e que condicionará o seu apoio...
A Comisión da Permanente da Federación de Asociacións de Veciños Castelao celebrada o pasado 6 de febreiro acordou apoiar as reivindicacións relativas á situación da planta de compost nos montes da Canicouva formuladas pola Asociación de Veciños de ponte Sampaio.
"O devandito apoio prodúcese debido á falta de información, por parte...
O candidato do Partido Popular á alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira, visitou este venres xunto a varios membros da Plataforma Anti - Planta de Compostaxe os terreos onde está proxectada esta infraestrutura na parroquia da Canicouva.
Despois gardar a súa opinión durante semanas e logo de percorrer o emprazamento e aínda...
Ramón Plana, doutor en Bioloxía e experto en compostaxe, foi o encargado de inaugurar a primeira das xornadas técnicas que organizou o Concello de Pontevedra para explicar o proxecto da planta de compostaxe que proxecta, en colaboración coa Deputación, na parroquia pontevedresa da Canicouva. Foi unha conferencia que demostrou o...
Este luns 9 comezan as charlas informativas sobre a planta de compostaxe que organiza o Concello de Pontevedra para ofrecer datos aos veciños das proximidades da Canicouva onde se proxecta a construción dunha instalación para os residuos orgánicos de diversos concellos da provincia. A conferencia vai desenvolverse a partir das...
O PSOE vai un paso máis alá na súa campaña de oposición á planta de compostaxe proxectada na Canicouva. Dende o primeiro día aseguraron que alí se ía instalar un "almacén de lixo", recorda o concelleiro Agustín Fernández. Pero agora afirman ter probas documentais de que este proxecto non é...
César Mosquera avanzou este mércores que "practicamente todas" as comunidades de montes do municipio de Pontevedra se dirixiron ao goberno municipal para colaborar co proxecto da planta de compostaxe e beneficiarse do seu funcionamento. Os contactos teríanse producido nos últimos días e neles non participaron "obviamente" os comuneiros de Ponte...
As comunidades de augas do lugar de Vilar, na parroquia de Ponte Sampaio, acordaron unirse á lista de colectivos que crearon nos últimos días unha plataforma conxunta para loitar contra a instalación na parroquia pontevedresa da Canicouva da planta de compostaxe que proxectan conxuntamente o Concello de Pontevedra e a...
A Federación de asociacións de veciños Teucro considera que a polémica suscitada arredor do proxecto da planta de compostaxe que se vai instalar en Pontevedra, dentro do convenio suscrito entre o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial, é "un pouco artificial" e só responde a "estratexias partidistas cun marcado...
Non será finalmente unha única xornada técnica, senón diferentes charlas con expertos que se celebrarán mentres siga habendo xente interesada. Así será a campaña de información sobre a compostaxe que poñerá en marcha o Concello de Pontevedra. Complementarase co acto que organizará a Deputación, unha vez estea rematado o estudo...
A última hora deste domingo, a Mancomunidade de Montes de Pontevedra celebrou a primeira Asemblea Xeral do ano coa asistencia de once das doce comunidades que a integran. Entre os asuntos da orde do día abordáronse os puntos habituais de censo de comunidades, balance do ano e informe de actuacións....
A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) critica a "absoluta falta de información" por parte do Concello e da Deputación sobre a planta de compostaxe "da que mesmo descoñecemos se existe ou non algún proxecto técnico concreto".
Neste sentido, a asociación ecoloxista solicita de ambas administracións toda a información existente ao...
Cansos de acusacións e declaracións "graves e falsas", a Comunidade de Montes da Canicouva saíu ao paso este xoves da polémica que envolve á planta de compostaxe que impulsan o Concello e a Deputación de Pontevedra. Fixérono cunha rolda de prensa na que defenderon a súa postura e pediron "tranquilidade"...
O secretario local do PSdeG e concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, cre que o pacto entre o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, debe chegar ao seu fin.
ÿ a reacción do concelleiro socialista "despois do espectáculo protagonizado durante os últimos días por...
O presidente da Deputación Provincial atacou duramente o goberno local de Pontevedra durante a rolda de prensa posterior á xunta de goberno ao ser preguntado polo proxecto da planta de compostaxe en Canicouva que xerou diversos enfrontamentos.
Rafael Louzán sinalou que na Deputación ao ver que a proposta do BNG de...
Pontevedra acollerá proximamente unhas xornadas técnicas sobre a compostaxe, nas que se prevé presentar o estudo de viabilidade que a empresa Lagares Oca está a redactar para a planta da Canicouva. Así o anunciou este luns o voceiro do goberno municipal, Raimundo González, en resposta á demanda de información por...
Un grupo de máis de cincuenta veciños da parroquia de Xustáns en Ponte Caldelas acudiu á reunión convocada polo portavoz socialista neste concello, Andrés Díaz, durante o domingo 18 para analizar as consecuencias que poderían derivarse da instalación dunha planta de compostaxe na Canicouva como pretenden o BNG de Pontevedra...
Máis de 250 veciños asistiron á asemblea na que durante a noite deste venres 16 se debateu sobre a planta de compostaxe que o Concello e a Deputación Provincial proxectan instalar na parroquia da Canicouva. Esta primeira reunión terá continuidade durante a tarde deste sábado con outro encontro organizado pola...
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, e as comunidades de montes dos lugares de Baltar, Sobreiro e Chan do Casal, todos da parroquia de Xustáns, consensuaron unha postura común ante o proxecto da planta de compostaxe que o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial quere instalar na Canicouva.
Coa...
A Federación de Asociacións de Veciños Boa Vila sumouse á lista de pontevedreses que se opoñen á planta de compostaxe que proxectan o Concello e a Deputación Provincial na parroquia da Canicouva e na que xa están as asociacións veciñais Santa María e Heroes de Ponte Sampaio, a comunidade de...
Os alcaldes de Pontevedra e Vilaboa mantiveron unha conversa telefónica este xoves, despois de que o rexedor de Vilaboa, José Luis Poceiro (PSOE) remitise un escrito ao seu homólogo pontevedrés solicitando información sobre o proxecto da planta de compostaxe nos montes da Canicouva.
"Eu creo que máis que nada chamou por...
A entrada en escena da Xunta de Galicia, que este luns expresou a súa "satisfacción" ante o proxecto da planta de compostaxe de Pontevedra, animou o PSdeG-PSOE a levar este asunto ao Parlamento galego. Farano mediante unha proposición non de lei que presentará a deputada Patricia Vilán e na que,...
O BNG insiste. A planta de compostaxe, que estará situada na Canicouva, é un "gran proxecto de futuro" para Pontevedra. Raimundo González afirmou que a cidade do Lérez se converterá na primeira de Galicia en reutilizar os seus residuos orgánicos e será un "exemplo" en materia ambiental. E que pasa...
A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, trasladou a "satisfacción" da Xunta de Galicia pola planta de compostaxe que promoven o Concello de Pontevedra e a Deputación en terreos da parroquia da Canicouva.
"Dende logo satisfacción pola iniciativa de xestión de residuos de forma sustentable", dixo a conselleira,...
A elección da Canicouva como situación da futura planta de compostaxe segue a levantar ronchas nos núcleos próximos.
Se primeiro foi Xustáns, en Ponte Caldelas, a través do partido socialista do municipio, agora os veciños de Ponte Sampaio empezan a organizarse e anuncian mobilizacións en contra desta decisión.
Segundo explicou a PontevedraViva...
Duras acusacións as vertidas este sábado polo secretario local do Partido Socialista de Pontevedra e candidato á alcaldía, Agustín Fernández, en relación á elección da Canicouva como situación da futura planta de compostaxe, revelada o venres polo alcalde e o concelleiro de Infraestructuras.
Fernández asegura que "Lores e o BNG son...
O PSOE de Ponte Caldelas descubriuse como o primeiro opositor á instalación da planta de compostaxe na Canicouva. Por este motivo, os socialistas convocaron aos veciños da parroquia de Xustáns a unha reunión o próximo domingo 18, a partir das 11.45 na Casa do Pobo, co obxectivo de iniciar un...
Os directivos da Comunidade de Montes da Canicouva viron na acollida da planta de compostaxe impulsada polo Concello e a Deputación de Pontevedra a oportunidade de obter ingresos ante os problemas que veñen sufrindo dende que en 2006 ardesen numerosas hectáreas arboradas, principal fonte económica da comunidade grazas á venda...
O voceiro do grupo provincial do BNG e concelleiro de Ordenación do Territorio en Pontevedra, César Mosquera, anunciou este martes no Pleno da Deputación que o concello capitalino xa ten os terreos para construír a planta de compostaxe.
"Podo anunciar, con toda a seguridade neste Pleno, que os terreos xa están",...
O secretario xeral do PSdeG-PSOE e concelleiro de Educación, Deportes e Universidade, Agustín Fernández González, segue a insistir na súa postura contraria ao proxecto da planta de compostaxe que promoven o Concello e a Deputación Provincial de Pontevedra e, nese camiño, ven de enviar unha carta aos presidentes das tres...
César Mosquera considera que os membros do PSdeG-PSOE, con respecto á planta de compostaxe e a súa posible situación, están a actuar como "Anacleto, agente secreto" ou outro personaxe de ficción, o "inspector Gadget". Só así se entende, di, o enésimo episodio desta telenovela na que se converteu o trámite...
A Comunidade de Montes de Marcón non está disposta a ofrecer terreos para que se instale na súa parroquia a planta de compostaxe que impulsan Deputación e Concello de Pontevedra.
ÿscar Coto: "A comunidade de montes non ofertou terreos nin o levamos a asemblea porque non a queremos"
Tras desvelar o socialista...
Marcón é a última parroquia que foi sondada para acoller a planta de compostaxe que impulsan o Concello de Pontevedra e a Deputación. Así o desvelou, de novo, o concelleiro do PSdeG-PSOE, Agustín Fernández. Asegura que técnicos da empresa Lagares Oca, responsable do estudo de viabilidade desta instalación, revisaron as...
O Concello de Pontevedra tomarase todo o tempo que sexa necesario para decidir a mellor ubicación para a pretendida planta de compostaxe. "ÿ un tema suficientemente importante como para tratalo con seriedade", afirmou este xoves o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quen mostrou o seu descontento coas "actitudes...
O concelleiro de Ordenación do Territorio do Concello de Pontevedra, César Mosquera, descartou que a futura planta de compostaxe se vaia situar en terreos de Campañó, Verducido, Reiriz ou Silleda.
Mosquera asegurou que os técnicos están a estudar "bastantes ofertas" e que outras foron descartadas.
No caso da proposta feita por unha...
As posturas entre o PSdeG-PSOE e o BNG con respecto á futura planta de compostaxe son irreconciliables. Quedou de manifesto de novo no Pleno municipal deste luns. Os nacionalistas tombaron a moción presentada polos socialistas para que se anulase o protocolo de colaboración asinado entre Concello e Deputación. Tampouco lograron...
O Partido Socialista insiste. O municipio de Pontevedra non é o lugar máis axeitado para situar nel a planta de compostaxe que proxectan o Concello e a Deputación. Sobre esa idea xira a moción que presentarán no pleno do próximo luns, coa intención, que se anule o protocolo de colaboración...
A orde do día do Pleno da corporación municipal, que se celebrará o próximo luns 20 de outubro, incluirá unha rechamante moción. Presentaraa o Partido Popular, "preocupado" ante os últimos desencontros entre o BNG e o PSdeG-PSOE. Os populares pedirán que os membros do goberno municipal selen un "pacto de...
O grupo municipal do PSdeG-PSOE pretende levar ao próximo Pleno da corporación municipal unha moción para que o Concello de Pontevedra anule o protocolo asinado coa Deputación para situar no municipio unha planta de compostaxe. Os socialistas insisten en que Pontevedra non é o lugar axeitado para unhas instalacións que...
Apenas 24 horas despois de que o Concello de Pontevedra recoñecese que Campañó era unha das posibles situacións da futura planta de compostaxe, César Mosquera aclarou que esa posibilidade está descartada. Ao parecer, todas as propostas trasladadas pola comunidade de montes da parroquia foron rexeitadas polos técnicos municipais ao incumprir...
Pouco a pouco vanse desvelando as posibles situacións da planta de compostaxe que impulsan o Concello de Pontevedra e a Deputación provincial. Pero a falta de información sobre as ofertas recibidas está a espertar certo receo nalgunhas parroquias pontevedresas. Unha delas é Campañó, onde un grupo de veciños colocou numerosos...
As unións temporais de empresas (UTE) Elsan-Ibisa, Ascan-GEaser-CivisGlobal e FCC-Celta Prix optan á xestión do servizo provincial de recollida e tratamento de lixo. A Deputación de Pontevedra agarda que estea plenamente operativo a comezos de 2015 para dar servizo a un total de 21 concellos da provincia.
Segundo se recolle nos...
A Deputación de Pontevedra adxudicou á empresa Lagares Oca, pola cantidade de 43.560 euros, o estudio de viabilidade dunha planta de compostaxe en Pontevedra para 21 concellos da provincia e o propio Concello capitalino.
Esta adxudicación é o compromiso adquirido pola institución provincial no convenio asinado no seu día co Concello...
Seguen as críticas do PSdeG-PSOE ao proxecto da planta de compostaxe que impulsan Deputación e Concello de Pontevedra. Desta volta, Antón Louro acusa a PP e BNG de ter un pacto polo que "abriron a porta á conversión de Pontevedra na capital provincial do lixo". De aí que lle pida...
O Partido Popular aprecia un "forte receo" entre as asociacións de veciños ante o proxecto da planta de compostaxe que impulsan a Deputación de Pontevedra e o Concello. Así o constataron, din os populares, na xuntanza que mantiveron este luns con representantes de diferentes colectivos sociais no local da Federación de Veciños...
O pleno da Deputación aprobou este venres o expediente para a xestión do servizo de recollida e tratamento de residuos domésticos e asimilables así como a xestión dos puntos limpos nos concellos da provincia.
Ademais a Corporación provincial, agás o grupo socialista, deulle o seu visto e prace ao convenio subscrito...
Trala súa aprobación por parte do Concello de Pontevedra, a planta de compostaxe pasará este venres un trámite decisivo. O Pleno da Deputación ratificará este venres, cos previsibles votos a favor de PP e BNG, o acordo para construír esta infraestrutura na capital da provincial, na que Concello e Deputación...
Interpelaba Jacobo Moreira a Miguel Anxo Fernández Lores sobre a prórroga do contrato de recollida de lixos e limpeza viaria cando se produciu un episodio nunca visto no Pleno municipal, unha discusión entre o alcalde e Antón Louro, voceiro do PSdeG-PSOE e tenente de alcalde. E todo a raíz das...
O BNG de Marín ven de rexistrar unha moción na que solicita a adhesión de Marín á planta de compostaxe provincial que impulsan conxuntamente o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial.
"Na actualidade os niveis de compostaxe en Marín son practicamente simbólicos, xa que a practica totalidade dos residuos orgánicos...
Cespa seguirá facéndose cargo da recollida de lixo e a limpeza viaria de Pontevedra durante os próximos tres anos. Así o aprobará unha próxima Xunta de Goberno local tras recibir os informes dos servizos técnicos que avalan esta nova prórroga. ÿ o tempo estimado para que estea en funcionamento a...
Dous meses de prazo terán as comunidades de montes de Pontevedra e dos concellos colindantes para presentar as súas propostas para acoller a nova planta de compostaxe que impulsan o Concello de Pontevedra e a Deputación. Así o avanzou este venres o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, que informou que...
O grupo municipal do BNG atopou este luns un inusual aliado para sacar adiante un dos seus proxectos estrela, a planta de compostaxe que impulsan da man da Deputación provincial. Os concelleiros do Partido Popular votaron a favor da iniciativa mentras que os socios de goberno, os tres ediles do...
O grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra apoiará no próximo pleno o protocolo asinado este venres entre Deputación e Concello para a creación dunha planta de compostaxe no municipio.
Con todo, segundo revelou Jacobo Moreira nun comunicado, farao sempre que a instalación non atope o rexeitamento veciñal.
Moreira sinalou que "o que...
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asinaron este venres o protocolo de colaboración co que se inician os trámites para a posta en marcha dunha planta de compostaxe na provincia, nun acto no que contaron co apoio de asociacións de veciños,...
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Infraestructuras, César Mosquera, defenderon este mediodía o proxecto da Planta de Compostaxe, cuxo protocolo se vai asinar o venres 16 na Deputación co presidente provincial, Rafael Louzán. Na comisión de Infraestruturas, os grupos municipais do PP e do...
O concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, considera que a proposta elaborada entre a Deputación e o BNG para crear unha planta de compostaxe é unha iniciativa con "compoñente moi electoralista". O voceiro do grupo municipal socialista entende que neste tema é necesario actuar con prudencia e cautela porque os antecedentes...
José Manuel Figueroa, vicepresidente da Deputación, confirmou este venres que a Administración Provincial asinará nos próximos días un protocolo de colaboración co Concello de Pontevedra para a instalación dunha planta de compostaxe na provincia.
Unha vez asinado o protocolo co Concello, que se encargará de buscar os terreos e poñelos á...
A Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra chegaron a un acordo político para que os residuos orgánicos sexan tratados a través dunha planta de compostaxe. Este proxecto que, segundo as previsións do concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra, César Mosquera, tardaría entre dous ou tres anos para entrar en funcionamento...