Un ex alumno da Escola de cantería traballará na rehabilitación do Palacio de Westminster e do Big Ben

Pontevedra
30 de novembro 2017

Este antigo alumno é Santiago Rey López, de Vigo, que xa estaba traballando en Londres e que cursou durante cinco anos os estudos de mestre canteiro

Pazo de Westminster
Pazo de Westminster / Hernán Piñera

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou na rolda de prensa deste xoves que un ex alumno da Escola de Cantería comezará a traballar nas obras de rehabilitación do Palacio de Westminster e do Big Ben, cuxas campás deixaron de marcar as horas o pasado mes de agosto despois 158 anos.

Este antigo alumno é Santiago Rey López, de Vigo, que xa estaba traballando en Londres e que cursou durante cinco anos os estudos de mestre canteiro.

A presidenta da Deputación de Pontevedra subliñou que "a presenza da nosa escola nestas obras tamén son unha nova demostración de que é unha alternativa moi interesante con saídas profesionais".

Desta maneira, o canteiro vigués únese a outros ex alumnos e ex alumnas da Escola de Cantería da Deputación que nos últimos tempos traballaron en importantes obras de todo o mundo como o Capitolio de Washington, o barrio de Chiado en Lisboa, a Catedral de Santiago, a Sagrada Familia de Barcelona, a Igrexa de San Xudas de Londres ou a Catedral de Westminster.