Un home de 87 anos, primeira vítima mortal da pandemia en case dous meses

Pontevedra
25 de xullo 2021

Tras case dous meses sen vítimas mortais pola pandemia, o falecemento dun paciente infectado con covid-19 volveu a sacudir ao área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Trátase dun home de 87 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra

Fachada do Hospital Montecelo
Fachada do Hospital Montecelo / Mónica Patxot

Tras case dous meses sen vítimas mortais pola pandemia, o falecemento dun paciente infectado con covid-19 volveu a sacudir ao área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Trátase dun home de 87 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Sanidade confirmou que a súa morte produciuse onte sábado 24 de xullo e que esta persoa tiña patoloxías previas que se viron agravadas polo coronavirus.

O último falecemento por covid-19, ata o momento, rexistrouse o pasado 1 de xuño, coa morte dunha muller de 81 anos no Hospital de Montecelo.

Desde o inicio da pandemia, 182 persoas morreron na área sanitaria de Pontevedra coa infección activa, segundo os rexistros das autoridades sanitarias.

En Galicia, con este falecemento, elévanse a 2.449 as vítimas mortais da covid-19.