Un lustro de existencia de PontevedraViva

Pontevedra
01 de outubro 2017

O 1 de outubro de 2012 nacía PontevedraViva.com co obxectivo de ofrecer información local a través dun formato dixital empregando novas ferramentas de difusión como as redes sociais. O proxecto foi medrando coa incorporación de PontevedraViva Radio e, tras cinco anos, está plenamente consolidado. Grazas a  toda a xente que nos apoiades e nos seguides por colaborar con esta iniciativa. O éxito é voso

Asistentes ao acto de presentación de PontevedraViva o 1 de outubro de 2012 no edificio Sarmiento PontevedraViva

Este 1 de outubro de 2017, PontevedraViva cumpre 5 anos do seu inicio de actividade. Este aniversario supón unha satisfacción para todas as persoas que formamos parte deste proxecto profesional que se iniciou para ofrecer unha alternativa aos medios de comunicación tradicionais cunha fórmula de información dixital con contidos de carácter local utilizando como ferramentas de difusión as redes sociais.

O equipo foi crecendo ao longo dos anos do mesmo xeito que a dimensión do proxecto, que se ampliou coa incorporación de PontevedraViva Radio

Seguiremos traballando co obxectivo de ofrecer unha información plural e de seguir mellorando día a día para ofrecer mellores contidos. Como sempre, tentaremos seguir estreitando lazos cos nosos lectores e cos nosos seguidores.

O éxito deste proxecto é de todas esas persoas que nos apoiastes e que seguides colaborando de múltiples formas con PontevedraViva. Grazas por estar aí!!!