Un mapa virtual no que percorrer Marín en dixital

Marín
19 de xullo 2024

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, presentou o novo flyer turístico que está dispoñible tanto na Oficina de Turismo como na propia Casa Consistorial e no Museo Municipal Manuel Torres

A concelleira Cristina Acuña cos novos folletos turísticos
A concelleira Cristina Acuña cos novos folletos turísticos / Concello de Marín

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, presentou o novo flyer turístico que está dispoñible tanto na Oficina de Turismo como na propia Casa Consistorial e no Museo Municipal Manuel Torres. 

"Trátase dunha revistiña coa que queremos ofrecer a que nos visita todos os atractivos de Marín. É difícil concentralo todo nun libriño coma este, pero polo menos será unha boa aproximación para coñecernos máis de preto", dixo Cristina Acuña. 

De feito, a concelleira promocionou especialmente un recurso dixital que se acompaña na guía, un Virtual Map que permite percorrer como nun paseo virtual algúns dos puntos turísticos e patrimoniais máis relevantes da vila e que se pode consultar a través da seguinte ligazón: https://www.concellodemarin.es/turismo/ 

Acuña explica que Marín "ten moito potencial a nivel turístico, pola nosa contorna, a nosa riqueza e tradición, o noso ocio e posibilidades, pero aínda temos o traballo de dalo a coñecer máis como un destino turístico sostible, no que unir os intereses de quen nos visita cos da veciñanza".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora