Un muro de vexetación substituirá o enreixado de barrotes da Cidade Infantil Príncipe Felipe

Pontevedra
21 de outubro 2015

A deputada provincial Eva Vilaverde e o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, acompañados polo director do centro, Xosé Ramón Couto, percorreron as instalacións e analizaron os cambios que se van acometer na entrada da Cidade Infantil

Cidade Infantil Príncipe Felipe (arquivo)
Cidade Infantil Príncipe Felipe (arquivo) / Mónica Patxot

A deputada provincial, Eva Vilaverde e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, percorreron durante a mañá deste mércores 21 as instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe onde está previsto que leven a cabo obras nun período breve para a creación dunha glorieta que reordene o tráfico na zona e a renovación total da imaxe da entrada do centro.

Está previsto que se instale un dobre control de acceso, unha área de estacionamento temporal e unha nova praza que servirá como antesala ao edificio principal e que contará con prioridade peonil. Ao mesmo tempo vaise a substituír o actual enrejado de barrotes que rodea a instalación por unha pantalla-muro de vexetación co obxectivo de crear un ambiente máis adecuado para os menores que fan uso das instalacións.

Ambos, o alcalde e a deputada, manifestaron que o idóneo sería que o centro dependese da Xunta de Galicia pero Eva Vilaverde afirmou que mentres siga pertencendo á Deputación seguirán mellorando o recinto.

A deputada indicou que o obxectivo do goberno provincial é dar unha nova vida a este centro, dalo a coñecer entre a sociedade e poñer en valor o traballo dos profesionais, ao mesmo tempo que se abrirán as portas a entidades e veciños.