Un operario ferido nun accidente laboral nas obras do depósito de Padriñán

Sanxenxo
03 de setembro 2019

Segundo informaron desde o Concello de Sanxenxo, o ferido é un operario da empresa Espina y Delfín que se precipitou ao chan golpeándose con forza no peito

Accidente laboral nas obras do novo depósito de Padriñan
Accidente laboral nas obras do novo depósito de Padriñan / Concello de Sanxenxo

Un home resultou ferido nun accidente laboral ocorrido cando traballaba nas obras do novo depósito de auga de Padriñán.

Segundo informaron desde o Concello de Sanxenxo, o ferido é un operario da empresa Espina y Delfín que se precipitou ao chan golpeándose con forza no peito.

O suceso tivo lugar ás catro da tarde deste martes.

Desde o Centro de Atención de Emerxencias CAE 112 Galicia mobilizaron ao helicóptero para proceder ao traslado do traballador, aínda que finalmente foi evacuado en ambulancia ata o hospital Montecelo de Pontevedra.

Ao lugar do suceso acudiron efectivos da Policía Local, do Servizo Municipal de Emerxencias, así como da Garda Civil.