Touradas fóra de Pontevedra organizou este sábado un acto na Praza da Peregrina como aperitivo á manifestación antitaurina convocada na cidade para o próximo día 13 de agosto.
Membros do colectivo instalaron un 'photocall' polo que desfilaron simpatizantes e tamén visitantes que por alí pasaban, portando consignas contra as touradas.
Ademais no posto habilitado podíase adquirir material do colectivo.
A falta dunha semana para a manifestación Touradas fóra de Pontevedra continua recollendo apoios ao seu manifesto, contando xa con 86 colectivos adheridos e situandose "a piques de superar a cifra de 2015".
Antes da protesta na rúa, o xoves 11 ás 20:00 horas, tamén na Peregrina, organizarase unha mesa redonda.