Un positivo por un caso de Covid-19 rexistrado nunha aula de Infantil no colexio San Francisco de Vilagarcía obrigou a confinar a toda unha clase e á profesora.
Concretamente nesta clase hai 21 nenos de cinco anos de idade.
Desde a Dirección deste colexio concertado situado na céntrica Praza de Independencia emitiuse un comunicado informando ás familias.
Agora practicaranse as probas PCR e procederase ao rastrexo dos contactos estreitos.
Durante a tarde do mércores se desinfectaron as instalacións educativas.