Un profesor recolle 11.500 sinaturas reclamando unha volta ao cole segura que entregará este martes en Educación

Pontevedra
24 de agosto 2020

Sérgio Nunes, profesor do IES A Rodeira de Cangas, a través da plataforma Change.org, puxo en marcha esta actividade sumándose a outras iniciativas promovidas por familias e profesorado de distintas comunidades autónomas durante las últimas semanas baixo a etiqueta #VueltaSegura

Petición de sinaturas en Change.org para unha volta segura ao cole
Petición de sinaturas en Change.org para unha volta segura ao cole

Un profesor do IES de Rodeira, en Cangas, recolleu nas últimas semanas máis de 11.500 firmas, a través da plataforma Change.org. Estes apoios van destinados a pedir á Consellería de Educación da Xunta de Galicia unha volta segura aos centros escolares da comunidade para partir do mes de setembro.

As firmas entregaranse este martes no rexistro da Xunta en Campolongo. A entrega vai levarse a cabo 48 horas antes de que se celebre a Conferencia Sectorial onde as autoridades estatais sanitarias e educativas tratarán coas comunidades autónomas a organización da volta ao colexio e as medidas que hai que adoptar ante a crise sanitaria provocada pola Covid-19.

"Non podemos quedarnos cegos e mudos abandonando á súa sorte a cada centro, coma se a prevención da propagación da COVID-19 fose unha mera cuestión de xestión organizativa de cada escola e non un compromiso decidido, claro e planificado dos responsables para xestionar a política educativa no noso país", afirma este profesor que puxo en marcha esta iniciativa dentro das numerosas peticións realizadas por familias e profesorado de distintas comunidades  autonómas baixo a etiqueta #VueltaSegura. 

Estas iniciativas reclaman planificación, dotación de medios, aportación de tecnoloxía, espazo e persoal para evitar aglomeracións nos centros de educación e situacións de perigo de expansión da pandemia entre a comunidade escolar.