Un taxista de Sanxenxo protagonizou un accidente de tráfico ao quedar durmido ao volante do seu vehículo e colisionar contra catro turismos que se encontraban correctamente aparcados.
Sucedeu ás 7:30 da mañá do pasado sábado.
Segundo informou a Policía Local da vila, o taxista circulaba pola rúa Progreso cando quedou durmido ao volante, segundo o propio condutor explicou os axentes municipais.
O taxista non resultou ferido como consecuencia do impacto.