A patrulla de seguridade cidadá do posto da Garda Civil de Marín e a Policía Local de Bueu incautaron este xoves de tres plantas de marihuana.
Segundo informaron fontes oficiais do instituto armado, as plantas atopábanse, visibles desde a vía pública, no xardín dunha vivenda nunha rúa da localidade de Bueu.
O seu propietario foi identificado e denunciado por unha infracción á vixente lei de protección de seguridade cidadá.
A Lei Orgánica 4/2015 de protección da seguridade cidadá considera como unha infracción grave "....a plantación e cultivo ilícitos de drogas tóxicas, estupefacientes ou sustancias psicotrópicas en lugares visibles ao público, cando non sexan constitutivos de infracción penal" (Art.36-18).