Un vendedor da ONCE reparte 500.000 euros en premios en Vilanova de Arousa

O Salnés
21 de novembro 2016

Desde o pasado venres, en Vilanova de Arousa hai xente moito máis contenta do habitual. Son os agraciados cos 500.000 euros que repartiu en premios un axente vendedor da ONCE neste municipio pontevedrés

Desde o pasado venres, en Vilanova de Arousa hai xente moito máis contenta do habitual. Son os agraciados cos 500.000 euros que repartiu en premios un axente vendedor da ONCE neste municipio pontevedrés.

Modesto Laya, unha persoa con discapacidade que comercializa os xogos da ONCE no mercado de abastos e na súa ruta de venda por Vilanova, foi a persoa encargada de repartir sorte.

En total, vendeu 20 cupóns premiados no último sorteo do Cuponazo da ONCE entre os seus clientes habituais -25.000 euros a cada un deles-

Ademais, este mesmo sorteo repartiu 300.000 euros en Gondomar e 25.000 euros en Vigo con outros trece agraciados na provincia de Pontevedra.