O tres grupos políticos con representación na corporación local de Sanxenxo, PP, PSOE e BNG, votaron a favor do novo convenio do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo.
Deste xeito, o pleno de Sanxenxo deu luz verde a este acordo asinado a tres bandas entre Xunta, Deputación e Concello para colaborar no financiamento do servizo municipal de emerxencias até 2027 por un importe anual de 321.000 euros, 161.000 máis que no anterior acordo.
A portavoz do goberno local, María Deza, incidiu en que este convenio demostra a aposta do goberno "por contar con este servizo, a pesar de ser só obrigatorio en municipios de máis de 20.000 habitantes".
Actualmente, este servizo conta con 17 efectivos en persoal, cinco máis dos de calquera GES de Galicia.
María Deza asegurou que "contan cunhas condicións laborais moi beneficiosas" e puxo como exemplo "a contraprestación económica da xornada do 24 ou 31 de decembro moi superior á dun MIR", afirmou.
En canto aos traballadores por quenda, Deza lembrou que el 83% dos días de 2024 houbo 3 ou máis traballadores por garda e que, en ningún caso, pecháronse as instalacións.