A UNED inaugura o curso con emoción, reflexión e moita participación

Pontevedra
12 de outubro 2025

O evento celebrouse no salón de actos do centro, en Monte Porreiro, e reuniu a estudantes recentemente titulados, as súas familias, profesorado e diversas autoridades

Acto de inicio del curso en la UNED Xunta de Galicia

Este sábado, o Centro Asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en Pontevedra deu o pistoletazo de saída ao curso académico 2025-2026 cun acto solemne, pero tamén moi emotivo e participativo.

O evento celebrouse no salón de actos do centro, en Monte Porreiro, e reuniu a estudantes recentemente titulados, as súas familias, profesorado e diversas autoridades.

A cerimonia estivo presidida polo conselleiro de Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo vicerreitor de Centros da UNED, Jesús de Andrés; o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Domínguez; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o director do centro, Víctor M. González Sánchez, e o director territorial de ENCE, Antonio Casal, entre outros representantes institucionais.

Acto de inicio do curso na UNED Pontevedra Xunta de Galicia

Un dos momentos máis especiais foi a proxección dun vídeo con testemuños do alumnado, que puxo en valor o compromiso da UNED cunha educación próxima, accesible e flexible. Moitos destacaron como esta universidade lles permitiu compaxinar os seus estudos coa vida persoal e profesional.

A lección inaugural correu a cargo do escritor e exalumno da UNED Manel Loureiro, que ofreceu unha reflexión sobre os perigos da desinformación na era dixital.

Falou sobre os bulos, o impacto das redes sociales e a velocidade coa que hoxe se difunden as noticias. Con frases tan potentes como "a mentira pode percorrer medio mundo antes de que a verdade se poña os zapatos", animou ao público a non reenviar información sen contrastar e a desenvolver un pensamento crítico.

Durante o acto tamén se entregaron diplomas aos egresados, recoñeceuse a implicación da aula Sénior da UNED e concedéronse bolsas ao mérito académico impulsadas por distintos departamentos do centro.

Nas súas intervencións, as autoridades coincidiron en destacar a importancia da UNED como motor educativo, social e cultural. Subliñaron o seu papel crave na igualdade de oportunidades e a súa contribución a unha sociedade máis informada, racional e democrática.

A xornada concluíu cun aperitivo-xanto que permitiu o intercambio distendido entre representantes do mundo académico, as institucións públicas e a cidadanía, nun ambiente de celebración e comunidade.

Inicio do curso na UNED Pontevedra UNED Pontevedra