Este xoves, a UNED pon en marcha, de 18 a 21 horas, un taller gratuíto de iniciación á ciberseguridade para protexer o futuro dixital do usuario informático.
Conta como relatora con Judit Meiriño Maquiera, tecnóloga, directora de PC Box e experta en ciberseguridade.
Está dirixido a docentes e a alumnos da UNED, especialmente, e tamén ao público en xeral.
Este curso está coordinado por Rafael Cotelo Pazos, responsable do Departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais da UNED en Pontevedra.
Entre os obxectivos deste taller está o concienciar sobre ameazas e riscos; proporcionar ferramentas e recursos útiles e promover a cultura da ciberseguridade á vez que se fomenta as boas prácticas de protección.
Cunha combinación de teoría e práctica, o alumno aprenderá a protexer a súa identidade, os seus datos e a súa contorna tecnolóxica.