Unha carreira para fomentar o respecto polas persoas con diversidade funcional

Marín
22 de outubro 2021

O CEIP A Laxe de Marín organizou unha carreira Enki, un evento aberto a persoas de todas as idades e condicións que ten como obxectivo promover valores como a educación e o respecto a través do xogo  

Alumnos do CEIP A Laxe participan nunha carreira inclusiva CEIP A Laxe

O alumnado do CEIP A Laxe celebrou este xoves unha proba deportiva moi especial. A carreira Enki é unha cita única en Galicia que naceu como unha proba lúdica non competitiva apta para participantes de todas as idades e condicións.

A actividade promove a inclusión e a visibilización de colectivos e persoas con diversidad funcional a través do xogo. Tamén fomenta valores como o respecto e a educación na diversidade.

No centro organizaron unha carreira de obstáculos na que o alumnado debía pasar por diferentes estacións relacionadas co baile, corpo a terra, circuíto de equilibrio, carreira de neumáticos, pistolas de auga, confeti ou pompas. A diversión estivo asegurada e o alumnado está agora máis concienciado sobre as diversas realidades.