A Carreira Infantil da Ostra de Soutomaior celebrouse este domingo 30 de marzo con éxito de participación e tamén concienciación social coa diabetes.
Segundo a información oficial facilitada polo Concello, participaron 500 nenas e nenos e houbo éxito de asistencia entre o público.
Trátase dunha carreira pedestre que se realizou por categorías de idade, con percorridos adaptados e trazado na área recreativa do peirao de Arcade.
O obxectivo principal desta cita é a celebración da festa do pobo a través dunha proba deportiva na que se valora, sobre todo, a compoñente social e participativa, representada con premios a todas e todos os participantes.
A cita, polo tanto, non é competitiva, independentemente do nivel de rendemento acadado. Todos os participantes recibiron o mesmo agasallo como recoñecemento o seu esforzo: unha medalla, unha mochila coa súa merenda e unha botella, unha libreta e un chaveiro da campaña da Xunta de Galicia 'Galicia sabe Amar'
Por segundo ano, ademais, a cita deportiva incorporou unha carreira inclusiva, que responde á oportunidade de participación conxunta de persoas con e sen discapacidade, adaptándose ás posibilidades de cada quen.
O percorrido realizouse co acompañamento de persoas familiares ou amigas e con persoas voluntarias e a persoa participante con algunha discapacidade puido realizar un percorrido de aproximadamente 150 metros.
Nesta edición, o Concello colaborou coa asociación Anedia (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia), que tivo un stand onde se proporcionou información sobre esta enfermidade e as vías de colaboración con esta entidade.
Organizada polo Concello de Soutomaior, a cita contou coa colaboración e participación da Deputación de Pontevedra e da Consellería do Mar e a colaboraicón de Abanca e CaixaBanjk. Estivo cofinanciada por fondos da Unión Europea.

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025

Carreira da Ostra 2025