Salmón, xurel, melva ou polbo foron algúns dos afumados que elaboraron este martes os alumnos e alumnas na última masterclass que Iñaki Bretal, o cociñeiro de O Eirado, estivo impartindo os últimos nove meses no Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria de Marín.
A alcaldesa, María Ramallo, acompañada polos concelleiros Manuel Santos e Cristina Acuña; polo presidente de AJE Pontevedra, Jesús Rey, e pola xerente do GALP, Laura Nieto, acudiron a esta última sesión formativa celebrada nas instalacións do Parque Azul de Cantodarea.
As xornadas de formación e promoción de productos marítimo-pesqueiros forman parte, xunto co equipamento da aula de formación, do proxecto valorado en algo máis de 32.000 euros, dos cales o 80% foron financiados pola Consellería do Mar.
A acción buscaba fomentar o crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura.
Esta estratexia incluía ademais a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.